error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado angelesgonzalez@yahoo.es dijo:
2010-02-23 10:40:55
quero aprender a traballar co ordenador,
Invitado angeles dijo:
2010-02-23 10:18:07
aceder o curso de procesador de texto:writer

Top Autores

admin: 513 Articles
gelines: 97 Articles
Antonio: 78 Articles
anxo: 43 Articles
El enterrador: 42 Articles
censuras: 23 Articles
Thor: 9 Articles
liberdade: 6 Articles
caocao: 5 Articles
sandra: 3 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Penguin Push
Veces jugadas: 570
 
Shoot
Veces jugadas: 539
 
Gator Hop
Veces jugadas: 587
 
catScratch
Veces jugadas: 279
 
Gladiator
Veces jugadas: 570
 

Usuarios en linea

Tenemos 391 invitados conectado(s)
Cursos de informática en Culleredo
Blogs - Educación
5112 hits
Escrito por Antonio   
Lunes, 30 de Noviembre de 2009 01:00
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Culleredo, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de decembro en Culleredo. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

 “Obradoiro de iniciación á Informática con Linux”: o usuario/a aprenderá a manexar os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas...) do sistema operativo libre Linux. Desenvolverase en tres grupos: o primeiro de martes a xoves, do 1 ao 11 de decembro de 11 a 12 horas de luns a xoves, e os venres de 10 a 11 horas.

“Obradoiro de iniciación Internet”: capacitará aos e ás participantes para comezar a navegar na Rede. Desenvolverase en dúas quendas, a primeira de luns a mércores do 2 ao 3 de decembro de 18 a 20 horas“.

“Obradoiro de procura de información con Google”: os e as participantes aprenderán a manexar o buscador máis popular en Internet e a optimizar as procuras para que os resultados sexan mellores. As datas de celebración do presente obradoiro serán do 9 ao 10 de decembro, de luns a xoves, en horario de 18 a 20 horas.

“Conta de correo electrónico”: os e as participantes aprenderán a crear e xestionar contas de correo electrónico. Desenvolverase do 14 ao 16 de decembro, de luns a mércores de 18 a 20.

“Creación de postais de Nadal”: cada participante a través da pescuda de imaxes en Internet e co programa de procesador de texto adquirirá o coñecemento necesario para a creación dunha postal de Nadal. Levarase a cabo o día 17 de decembro, en horario de 18 a 20.30 horas.

“Diario dos/as meus/miñas descendentes: unha viaxe a través da rede”. Con esta actividade, os e as participantes adquirirán os coñecementos necesarios para a creación dun videomontaxe. As datas de celebración son do 14 o 18 de decembro, de luns a xoves de 11 a 12 horas e os venres de 10 a 11 horas.

Asemade, está prevista a realización na segunda quenda da iniciativa “Creación dunha páxina web II”, coa asociación A Escada. Terá lugar do 4 ao 12 novembro, de 11 a 12 horas na aula da Rede de Dinamización de Culleredo, e consistirá en que os e as participantes aprendan a crear unha páxina web: subir imaxes, escribir arquivos sobre as actividades, saídas realizadas no presente centro e dalas a coñecer á poboación en xeral.

A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información.
A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I.

A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Culleredo, sito na rúa Alcalde Domingo Sierra, nº1, baixo, chamar ao teléfono 981.612.072 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Contacto: Belén Fernández Fernández Dinamizadora da Sociedade da Información Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.