CloudyCloudy 19 oC
Humidity: 79%
Wind: W at 7 mph
Home noticias Educación

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado Meigalicia dijo:
2010-08-13 14:45:20
Ofertas de fin de semana de aventura para jóvenes de Coruña y Terra das Mariñas. www.meigalicia.com
Invitado pita balseiro kevin dijo:
2010-07-04 15:30:18
entrar en las listas de iterinos
Sergio Denis dijo:
2010-07-01 16:33:55
Hola a todos. Escribo desde Uruguay y soy nieto de Herminia García Catoira. La cual llegó a Uruguay en 1926, me parece interesante tal vez comunicarme con integrantese dicha familia, muchas gracias. serden@adinet.com.uy
2010-05-11 15:52:20
I think that to get the mortgage loans from banks you should have a good motivation. But, one time I've got a short term loan, because I was willing to buy a bike.
Invitado Jenny dijo:
2010-05-03 09:09:04
Este insti es la ostia sois los mj tdos jajaja.Un beso a tdos

Top Autores

admin: 536 Articles
gelines: 107 Articles
Antonio: 88 Articles
anxo: 46 Articles
El enterrador: 42 Articles
censuras: 23 Articles
Thor: 9 Articles
liberdade: 6 Articles
caocao: 5 Articles
sandra: 3 Articles

Sindicaciones

feed-image Noticias publicadas

Estadísticas

OS : Linux i
PHP : 5.2.14
MySQL : 5.0.81-log
Tiempo : 19:45
Caching : Activado
GZIP : Activado
Miembros : 3056
Contenido : 871
Enlaces : 135
Ver contenido por hits : 8217895

Juegos al azar


  
hacer parejas
Jugado: 1056 veces

  
Snake
Jugado: 3764 veces

  
Gator Hop
Jugado: 3836 veces

  
Fifa World Cup
Jugado: 4014 veces

  
Poux
Jugado: 3751 veces

Usuarios en linea

Tenemos 173 invitados conectado(s)
Escuela Ma Tsun Kuen de Tai Chi Chuan
Deportes (05.09.2010)
SMS Control Advance - encendido remoto co SMS
Domótica y Seguridad (25.08.2010)
Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009
Domótica y Seguridad (25.08.2010)
KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA
Hogar (24.08.2010)
Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación.
Domótica y Seguridad (24.08.2010)


 
= Ad with Photo
Educación


Listas provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de grao medio e superior
Blogs - Educación
135 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 07 de Julio de 2010 23:48
imageXa están publicadas as listas provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de grao medio e superior. As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra esta listaxe ata o día 13 de xullo ás 13:00h.

Se presentaches a solicitude para ingresar nalgún ciclo, busca que estes incluído nas mesmas:

Deixo os links:

- Ver listaxe provisional de solicitudes grao medio

- Ver listaxe provisional de solicitudes grao superior
Comentarios (0)

 
Convocado primeiro curso Celga 1 en liña orientado a probas de certificación de lingua galega
Blogs - Educación
156 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 18 de Junio de 2010 15:32
celga logo transparenteDatas do curso:
do 4 setembro ao 12 de novembro de 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o primeiro curso Celga 1 en liña orientado á preparación das probas de certificación de lingua galega deste nivel.

O curso está deseñado para ser realizado en trinta horas de aprendizaxe en liña e dispón das máis modernas tecnoloxías para resultar atractivo, ameno e cumprir os obxectivos de acadar o nivel básico de coñecementos de lingua. Distribúese en dez unidades, que constan de tres bloques cada unha. Ademais dos formatos clásicos de preguntas pechadas, para unir parellas ou encher ocos, o curso tamén combina imaxes animadas, textos e locucións, así como a posibilidade de gravación da voz do alumno. Así mesmo, a actividade dispón de fiestras con ligazóns externas nas que o alumnado poida atopar máis información ou explicacións de tipo gramatical relacionadas cos contidos da unidade na que se estea traballando. A avaliación do curso realízase mediante tests.

Os participantes no curso contarán coa supervisión dun titor, e disporán ademais dun menú de uso persoal con acceso ao correo interno da plataforma para a comunicación co titor.

Destinatarios:
Esta convocatoria está dirixida a todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en preparar a proba do celga 1 e que teñan coñecementos informáticos a nivel usuario.

Matrícula:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo  Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla . Non serán admisible outra forma de inscrición.

Na mensaxe que envíen indicarán:

  • Nome e apelidos
  • DNI con letra
  • Enderezo electrónico e teléfono de contacto
  • Lugar de residencia
  • Nivel de estudos

Prazo de matrícula:
do 9 de xuño ao 15 de xullo ambos os dous incluídos.

Criterios de selección:
A selección farase por rigorosa orde de matrícula e ata cubrir as 105 persoas que se admitirán nos cursos.

Requisitos técnicos:
As persoas solicitantes destes cursos deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

  • ordenador con conexión á internet (preferiblemente co navegador Explorer)
  • plugin de flash descargado e actualizado (para poder ver as imaxes)
  • conta de correo electrónico

Publicación da relación das persoas seleccionadas e convocatoria para a presentación dos cursos: A listaxe de admitidos, cos grupos de cada curso e co titor ou titora encargado de cada un farase pública na páxina web www.xunta.es/linguagalega. Tamén se indicará o lugar e a hora en que as persoas admitidas serán convocadas para presentación e explicación do curso. Antes do comezo do curso o titor ou titora comunicarase por correso electrónico cos alumnos e alumnas admitidos.

O facer este curso non dá dereito a ningún tipo de certificado.

Os cursos son voluntarios, preparatorios da proba do Celga 1 e gratuítos.

Teléfonos de información: 981 957654 – 981 544402 – 981 546835

Comentarios (0)

 
Abierto el plazo de presentación de solicitudes para ciclos formativos de Formación Profesional
Blogs - Educación
95 hits
Escrito por Antonio   
Jueves, 17 de Junio de 2010 01:29
Desde hoy 17 de junio y hasta el 2 de julio, teneis abierto el plazo de presentación de solicitudes de plaza para los ciclos formativos de grado medio y superior de Formación Profesional.

Si vais a realizar un ciclo en el próximo curso 2010/2010, no dejeis pasar el plazo.

Toda la información sobre los centros y sus titulaciones en el link.
www.edu.xunta.es/fp
Comentarios (0)

 
Axudas adquisición libros de texto alumnos 1º, 2º, 5º e 6º educación primaria e especial
Blogs - Educación
219 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 01 de Junio de 2010 00:30
xunta-galicia-escudoA Consellería de Educación, convoca axudas para a adquisición de libros de texto para alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e especial.

Para ser beneficiario desta axuda e preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado en 1o, 2o, 5o ou 6o de educación primaria ou en educación especial
b) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.

Prazo: ata o 28 de xuño.
Máis información no centro ó que pertence o alumno ou no DOG 101 de 31 de maio de 2010.
Comentarios (0)

 
Prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios das escolas infantís
Blogs - Educación
327 hits
Escrito por gelines   
Miércoles, 17 de Marzo de 2010 23:02
galescolas galiña azulEstá aberto o prazo de reserva, prescrición e matrícula nas Escolas Infantís para novos alumnos para o ano 2010-2011.

O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 15 de marzo ao 15 de abril. As  instancias recolleranse desde o día que comeza o citado prazo, nos enderezos que aparecen no Anexo I, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, salvo especificacións concretas.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Procedemento para a admisión do alumnado no centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2010-2011
Blogs - Educación
327 hits
Escrito por Administrator   
Lunes, 01 de Marzo de 2010 23:38
xunta-galicia-escudoA partir de hoxe e ata o 6 de abril, está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión, para o vindeiro curso escolar 2010-2011 nos centros públicos de Galicia.
Se tedes pensado solicitar praza nalgún centro, déixovos o calendario do proceso de admisión:

1 de marzo: Publicación da oferta de prazas escolares dispoñibles.
1 de marzo ao 6 de abril: Presentación de solicitudes de admisión.
1 ao 20 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión.
antes do 30 de abril: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Todas as solicitudes que no sexan admitidas, as solicitudes fora de prazo e as solicitudes duplicadas son remitidas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Comentarios (0)

Leer más...
 
Apertura prazo inscrición Curso de Lingua Galega Celga 4
Blogs - Educación
12168 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 29 de Septiembre de 2009 16:03
A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo comunica a apertura do prazo de inscrición ata o 1 de outubro, para a realización dun Curso de Lingua Galega preparatorio para as probas do nivel Celga 4, organizado xuntamente coa Secretaria xeral de Política lingüística.
O CURSO DE LINGUA GALEGA preparatorio para as probas Celga 4 se impartirá de luns a xoves en horario de 19,30 a 22,00 horas, no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo e comezará o luns 5 de outubro.
O número de prazas é dun máximo 35 que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, estes cursos teñen unha duración de 75 horas e a súa estrutura
Fonte concello de Culleredo

Comentarios (0)

 
Preparar a ESA no IES Cruceiro Baleares de Culleredo
Blogs - Educación
12828 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 25 de Septiembre de 2009 06:26
Se estades pensando en preparar a ESA, podedes acercarvos ao IES Cruceiro Baleares de Haciadama, posto que dispoñen das tres modalidades da mesma: presencial, semipresencial e a distancia.
Tan só hai que acercarse e solicitar un impreso de matrícula e catro fotos. Moi simple.
Como sabedes, a ESA está pensada para persoas adultas. O horario de clases sería de 9:00h a 13:00h -creo recordar- aínda que mellor confirmalo nos teléfono do centro:
IES Cruceiro Baleares
Salvador Allende s/n
Culleredo (A CORUÑA)   
Teléfonos: 981660700 - 981660704   
Fax: 981660480
Comentarios (0)

 
PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA ADULTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CULLEREDO
Blogs - Educación
13358 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 24 de Septiembre de 2009 03:00
A concellería de Cultura do Concello de Culleredo a través das súas Bibliotecas Municipais, comeza o curso 2009/2010 de actividades de Animación á Lectura para adultos con novidades respecto á programación do pasado ano.
Este ano comezan xa, o 5 de outubro, un mes antes do curso pasado, ata xuño de 2010, nas Bibliotecas Municipais “Xosé Cardeso Liñares” de Vilamelania-Vilaboa, “Uxio Novoneyra” de Villamelania-Vilaboa e “Miguel González Garcés” de Servizos Múltiples do Burgo.
Dirixidos aos usuarios adultos, realizaranse os clubes de lectura e a Tertulia Literaria, que reúnen dous alicientes distintos: a lectura persoal e íntima e a posibilidade de compartir a lectura con outras persoas coas novidades da Tertulia de Arte e a Tertulia de Poesía.
Só é necesario o gusto pola lectura e inscribirse nas Bibliotecas Municipais ou a través do teléfono chamando ao 981 665597, sendo una actividade totalmente gratuíta.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Aún queda plazo para solicitar becas al estudio del MEC
Blogs - Educación
76 hits
Escrito por Administrator   
Lunes, 30 de Agosto de 2010 01:00
Si vais a estudiar bachillerato, Formación Profesional, Enseñanzas artísticas, enseñanzas deportivas, enseñanzas universitarias o enseñanza de idiomas,  el plazo de solicitud de becas al estudio 2010-2011del MEC, concluye el próximo 30 de septiembre para los estudios no universitarios y el 15 de octubre para los estudios universitarios. No dejeis pasar el plazo!
Os dejo el link a la aplicación por si estais interesados:
www.educacion.es

Comentarios (0)

Leer más...
 
Bolsas para libros, e material escolar alumnos curso 2009-2010
Blogs - Educación
14700 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 28 de Agosto de 2009 16:24
Non deixedes pasar o prazo para solicitar as bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará as bolsas para o alumnado solicitante matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º curso de educación primaria que reúna os requisitos previstos nesta orde nos seguintes importes por alumno/a e curso, segundo os ingresos da unidade familiar no ano 2008 dividido polo número de membros:
*Familias monoparentais:
-Con ingresos ata 6.000 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 104 euros.
*Resto das familias:
-Con ingresos ata 5.400 euros: 180 euros.
-Con ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 euros: 104 euros.
No caso de que nunha mesma familia haxa varios alumnos que cumpran as condicións desta orde a solicitude de cada alumno será valorada individualmente, recibindo cada un a contía que lle corresponda segundo o establecido nesta convocatoria.
Prazo de presentación: desde o 1 ao 30 de setembro de 2009
Comentarios (0)

Leer más...
 
Libros de texto curso 2009-2010 colegios de Culleredo
Blogs - Educación
14392 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 04 de Agosto de 2009 16:38
De los colegios de Culleredo: CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo, CEIP Sofía Casanova,  CEIP de Tarrío,  IES Cruceiro Baleares e IES Eduardo Blanco Amor
tenemos un año más que felicitar al CEIP de Tarrío, al IES Blanco Amor y al CEIP Sofía Casanova, que a estas alturas del verano, ya tienen colocado en sus webs, el listado con los libros de texto del nuevo curso escolar.
Se ve que para los demás, esto del Internet les suena aún a chino, o sea, que están "a velas vir".
Esperaramos unos días, por si se ponen a ello los que faltan.
Os dejo los enlaces a las web de los "más currantes".

http://centros.edu.xunta.es/ceipsofiacasanova
http://centros.edu.xunta.es/iesblancoamor
http://centros.edu.xunta.es/ceipdetarrio
Comentarios (0)

 
Oferta formativa para el próximo curso de la UNED - SENIOR CORUÑA
Blogs - Educación
14102 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 26 de Junio de 2009 07:16
Si tienes más de 55 años, ya sabes mucho, pero puedes saber mas.

  • Cursos cuatrimestrales de 30 horas.
  • Variedad de programas que elegir.
  • Sin requisitos de admisión.
Para relacionarte con gente como tú, apúntate al curso que más te interese.
Puedes matricularte en este mismo centro.
Infórmate en www.uned.es/senior  o en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Os dejo la oferta formativa para el curso próximo:
Comentarios (0)

Leer más...
 
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Blogs - Educación
15594 hits
Escrito por Administrator   
Martes, 09 de Junio de 2009 09:14
Convoca: Ministerio de Educación
Prazo de presentación: do 6 de xuño ao 30 de xuño de 2009, ambos incluídos.

Especificacións:
a) Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conduta para familias numerosas.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos
Blogs - Educación
231 hits
Escrito por gelines   
Lunes, 03 de Mayo de 2010 23:00
A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título da ESO, para maiores de 18 anos.
Se estás interesado nas mesmas, tes de prazo ata o 28 de maio para matricularte
A proba é o 10 de xuño.

As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes ámbitos:

a)Ámbito da comunicación (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira- inglés ou francés)

b)Ámbito científico-tecnolóxico:  Matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e medio natural.

c)Ámbito Social: Ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción educación plástica e visual e música.
Centros: 
A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3 A Coruña
Ferrol: EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns S/N Ferrol
Lugo: Centro EPA de Alberios, parque da Milagrosa S/N Lugo

INFORMACIÓN:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Departamento territorial da Coruña
Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar
Praza de Luis Seoane, s/n. 15071 -A Coruña
Tel.: 981 184 700 / 981 184 731 


Comentarios (0)

 
X Semana do libro de Culleredo
Blogs - Educación
494 hits
Escrito por gelines   
Jueves, 15 de Abril de 2010 00:00
X SEMANA DO LIBRO DE CULLEREDO
(Do venres 16 ao venres 23 de abril)

Por décimo ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo a traveso das súas Bibliotecas Municipais “Xosé Cardeso Liñares” e “Uxío Novoneyra” de Vilamelania – Vilaboa e “Miguel González Garcés” de O Burgo, organizan para os días dende o venres 16 ao venres 23 de abril, a X SEMANA DO LIBRO DE CULLEREDO baixo o lema: “Algo máis que libros”, xa que a algunhas actividades de lectura e literarias, súmanse numerosos obradoiros de 3D, plastilina, de ilustración, de iniciación a banda deseñada, de poesía, ademais de actividades de comic, contacontos, de teatro, espectáculos poéticos, etc...

Nunha programación moi intensa, xa que serán nada menos que quince actividades diferentes, dirixidas a todos os públicos, con programación para adultos, xóvenes e programación para nenos/as, que serán sen dúbida os grandes protagonistas da semana, con actividades que en moitos casos é necesario inscribirse, desenvolvéndose nas bibliotecas municipais.

Todas estas actividades súmanse ás que regularmente se desenvolven nas bibliotecas dende o mes de setembro, na súa programación habitual, que é causante en gran medida, do gran aumento tanto en número de socios, préstamos e consultas, que supón o ano de mais afluencia dende a súa creación.


PROGRAMACIÓN

Venres 16
Ás 18:30 h.
Na biblioteca .Miguel González Garcés do Burgo "Contaconto" a cargo de Marisa Irimia. "O coidador de porcos".
(Nenos de 3 a 9 anos) - Entrada libre.


Luns 19
Ás 18:30 h.
Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo e Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares” de Vilamelania-Vilaboa. "Trae o teu libro preferido".
Para nenos - Entrada libre.

Martes 20
Ás 11:00 h.
Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo. Club de lectura: Comentar a lectura do libro "El juego de los abalorios". Adultos.

Ás 18:30 h.
Obradoiro de ilustración, a cargo de María Lires.
(Nenos de 9 a 13 anos). Previa inscrición.

Ás 18:30 h.
Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares” de Vilamelania-Vilaboa."Instantáneas de plastilina", a cargo de María Noel Toledo.
(Nenos a partir de 7 anos). Previa inscrición.

Mércores 21
Ás 11:30 h.
Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo. Tertulia de arte: Comentar a vida e obra de Mondrian. Adultos

Ás 17:30 h.
Club de lectura: Comentar a lectura do libro "La música del hambre". Adultos

Ás 18:30 h.
Contos con música: "Vento_Son" a cargo de Marisa Irimia e Juan Carlos Vázquez Otero.
(Nenos de 6 a 12 anos). Entrada libre.

Ás 20:30 h.
Servizos Múltiples do Burgo. "Cancións contadas/Contadas Cancións". a cargo de Mon Santiso e Compañía.
Adultos. Entrada libre


Ás 18:30 h.
Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares. Vilamelania-Vilaboa. "Obradoiro de poesía".
(Nenos a partir de 4 anos). Previa inscrición.

Xoves 22
Ás 18:30 h.
Biblioteca "Xosé Cardeso Liñares” Vilamelania-Vilaboa. "Contaconto" a cargo de Marisa Irimia: "O coidador de porcos".
(Nenos de 3 a 9 anos). Entrada libre.

Ás 18:30 h.
Biblioteca .Miguel González Garcés. do Burgo. "Obradoiro de iniciación á banda deseñada", a cargo de Gochi.
(Nenos de 10 a 15 anos). Previa inscrición.

Venres 23
Ás 18:30 h.
Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo. "Contos en inglés" a cargo de Conchi Fuentes.
(Nenos de 4 a 10 anos). Entrada libre.

Ás 20:00 h.
Bar "O Muíño", Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Apertura da Biblioteca do Cómic.
(Mozos e adultos). Entrada libre.

Ás 20:30 h.
Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Teatro: "Comisaría especial para mulleres" a cargo de Salmonela Teatro.
Público Adulto - Entrada libre.

Nota de prensa do concello.
Comentarios (0)

 
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato
Blogs - Educación
4873 hits
Escrito por anxo   
Viernes, 17 de Abril de 2009 04:36
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cursase en centros docentes españois, tanto de carácter público como privado, os

dous cursos de calquera modalidade de bacharelato e que finalizase estes estudos na Comunidade Autónoma de Galicia no ano académico 2008-2009.

Para poder participar nesta convocatoria será necesario que a media das cualificacións obtidas nos dous cursos sexa igual ou superior a 8,75 puntos.

Non computará na obtención da nota media a cualificación da materia de Relixión.
Cuantía: 20 premios extraordinarios, cada un deles dotado con 732 €.
Prazo: ata o 8 de xuño de 2009
+ info DOG nº 72, xoves 16 de abril de 2009 ou no 981 546 558 / 9
Comentarios (0)

 
BIBLIOTECAS MUNICIPAIS CULLEREDO. EVENTOS
Blogs - Educación
4393 hits
Escrito por gelines   
Miércoles, 19 de Noviembre de 2008 01:10
MARTES
(cada 15 días) de 11:00 A 12:00 H.
COMEZO 4 DE NOVEMBRO

CLUB DE LECTURA DAS TARDES

MÉRCORES
(cada 15 días) de 17:30 A 18:30 H.
COMEZO 5 DE NOVEMBRO

Comentarios (0)

Leer más...
 
PROGRAMACION INFANTIL BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CULLEREDO 2008/2009
Blogs - Educación
4529 hits
Escrito por gelines   
Miércoles, 19 de Noviembre de 2008 01:08
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILABOA

TALLER DE CONTOS
de 4 a 8 anos

DECEMBRO: 4
El pez chan. Conto Vietnamita.
XANEIRO: 15
El cóndor y las estrellas. Conto do Perú.
FEBREIRO: 5
Los 4 amigos. Conto Chino.
MARZO: 5
¡Que luva!. Conto popular ucraíno.
ABRIL: 2
El pez de oro. Conto Ruso.
MAIO: 7
Los zapaticos de rosa. Conto de Cuba.
Comentarios (0)

Leer más...
 
Uned Senior. La universidad a partir de los 55 años
Blogs - Educación
14673 hits
Escrito por Administrator   
Miércoles, 22 de Octubre de 2008 23:35
La Uned ha creado un programa formativo específico pensado en todas aquellas persoans adultas, jubiladas o no, que cuenten con un espíritu inquieto y con ganas de seguir aprendiendo.
La Uned Senior va dirigido a mayores de 55 años con independencia de su formación académica.
 Las sesiones formativas son presenciales y tienen lugar en las instalaciones de tu Centro Asociado.
El coste de cada asignatura es de 50€.
Plaza matrícula hasta el 4 de noviembre de 2008.
+ info en www.uned.es/senior y en www.uned.es/ca-a-coruna
Comentarios (0)

 
Becas a alumnado que inicie durante o curso 2008-2009 ensinanzas de fp de grao medio
Blogs - Educación
15351 hits
Escrito por Administrator   
Viernes, 03 de Octubre de 2008 12:54
Só para alumnos matriculados por primeira vez no curso 2008-2009 nalgún ciclo formativo de grao medio ou módulo experimental en determinados centros.
Seguir a avaliación continua polo menos no 70% dos módulos do ciclo durante o curso 2008-2009.
Queda excluído destas axudas o alumnado que curse o segundo ano do ciclo formativo ou módulo experimental e o alumnado repetidor, así como quen estea matriculado en oferta modular.
Cantidade: máximo de 450 € por alumno.
Prazo: ata o 27 de outubro de 2008
+ info en edu.xunta.es ou no DOG 26.09.08
Comentarios (0)

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.